Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, de catro contratos administrativos de consultoría e asistencia que teñen por obxecto a redacción de diversos proxectos técnicos de obras.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ós que refire esta resolución e que posúen as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de pista polideportiva cuberta no concello de Guntín (Lugo).

b) Prazo de execución: corenta (40) días.

c) Orzamento base de licitación: dous millóns cento cincuenta mil (2.150.000) pesetas., IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

3. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de piscinas descubertas municipais no concello da Gudiña (Ourense).

b) Prazo de execución: corenta (40) días.

c) Orzamento base de licitación: un millón seiscentas mil (1.600.000) pesetas, IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

4. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra de pista de atletismo de catro rúas (seis na recta) na Pinguela, concello de Monforte de Lemos (Lugo).

b) Prazo de execución: trinta (30) días.

c) Orzamento base de licitación: un millón oitocentas vintecinco mil (1.825.000) pesetas, IVE incluído.

d) Garantía provisional e definitiva: non se esixe (artigo 36.2º e 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

5. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carauta do sobre «A» (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto (5) día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

8355