Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.115

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1998 pola que se convoca un curso de formador de formadores.

Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998, conforme as funcións que ten encomendadas pola Orde do 22 de abril de 1994, pola que se regula a formación do persoal voluntario de Protección Civil, anúnciase a celebración dun curso de formador de formadores, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós xefes e responsables de formación das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia que previamente teñan realizado o curso básico e polo menos dous cursos de segundo nivel, e ó persoal de Protección Civil da Xunta de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nestes cursos deberán presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 9 de novembro de 1998, ás 14 horas.

3. As instancias serán enviadas polo presidente da agrupación correspondente á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazas.

O número de prazas ofertadas para este curso é de 40, das cales 35 son para membros das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia e 5 para persoal de Protección Civil da Xunta de Galicia.

Contido.

No curso desenvolveranse, entre outros, os seguintes temas: 1. Papel do formador. 2. A comunicación na formación. 3. Destinatarios da formación. 4. Deseño da acción formativa. 5. Recursos didácticos. A súa utilización. 6. Técnicas de expresión oral. 7. Técnicas de animación de grupos. 8. Avaliación dos resultados, etc.

Duración e datas.

O curso celebrarase durante as seguintes datas: 24, 25 e 26 de novembro e 1, 2 e 3 de decembro de 1998, e terá unha duración de 42 horas lectivas.

O horario será en sesións de mañá e tarde, de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 12 de novembro de 1998 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avenida da Cultura s/n, 36680 A Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a el e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

9114