Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.115

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0005326/98, interposto por Electrónicos Erma, S.A.

Recibida providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 02/0005326/98, interposto por Electrónicos Erma, S.A., contra resolución da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 26-3-1998, expediente nº 17/97, pola que se impuxo sanción con multa, pola instalación no local Sal si Podes, de dúas máquinas recreativas sen ter instalado o boletín de instalación; esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo correspondente ó referido tribunal.

Esta secretaría xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se lles empraza para que poidan comparecer como parte en autos na sección segunda da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de l998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

8893