Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.112

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 278/1998, do 24 de setembro, de transferencia ó Concello de Viveiro do Centro Social de Viveiro adscrito á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

No eido da asistencia social a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva, segundo o disposto no artigo 27.23º do seu Estatuto de autonomía, en relación co artigo 148.1º.20 da Constitución española.

En virtude desa atribución de competencias, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, na que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servicios sociais.

A dita norma, recollendo o principio de autonomía dos entes locais consagrado pola Constitución española, realiza unha distribución competencial entre as distintas administracións públicas, atribuíndolles ós concellos competencias propias para a creación

e xestión tanto dos servicios sociais de atención primaria coma dos servicios sociais especializados de ámbito local, entendendo por tales aqueles nos que os usuarios sexan predominantemente residentes no respectivo concello.

En desenvolvemento do establecido na disposición transitoria primeira da devandita norma legal, aprobouse o Decreto 129/1996, do 26 de marzo, polo que se crean as comisións mixtas coas corporacións locais para o traspaso dos equipamentos sociais adscritos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, establecendo a súa composición, funcións e normas de funcionamento.

Constituída a comisión mixta de transferencias Xunta de Galicia - Concello de Viveiro segundo o establecido no citado Decreto 129/1996, e de conformidade co disposto no artigo 2º deste, adoptou, na súa reunión do 17 de xullo de 1998, o acordo de transferencia ó Concello de Viveiro do centro social situado no seu termo municipal e adscrito á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

O dito acordo ten carácter de proposta, e precisa aprobación do Consello da Xunta de Galicia.

Por isto, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da comisión mixta creada polo Decreto 129/1996, do 29 de marzo, para o traspaso dos equipamentos sociais adscritos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, adoptado na súa reunión do día 17 de xullo de 1998, polo que se traspasan o Centro Social de Viveiro, situado no termo municipal de Viveiro, e os correspondentes recursos persoais, materiais e orzamentarios.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados ó Concello de Viveiro e asumido por este o centro e servicios que se relacionan no dito acordo, que se inclúe como anexo do presente decreto, nos termos e condicións resultantes del, así como os medios persoais, bens, dereitos e obrigas sinalados no texto do acordo e relacións que se xuntan, así como os créditos orzamentarios determinados segundo o procedemento establecido no propio acordo.

Artigo 3º

O traspaso a que se refire este decreto terá efectividade a partir do día 1 do mes seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais produza, ata a entrada en vigor deste

decreto, tódolos actos administrativos necesarios para o mantemento do centro no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivera no momento da adopción do acordo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltanse os conselleiros de Economía e Facenda e de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor a partir do día 1 do mes seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Joan Ribot Margarit e Sara Martínez Álvarez, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias Xunta de Galicia-Concello de Viveiro, prevista no Decreto 129/1996, do 29 de marzo,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta celebrada o día 17 de xullo de 1998, se acordou o traspaso ó Concello de Viveiro do centro social dependente da Administración autonómica e situado no seu territorio municipal, nos termos seguintes:

A) Referencia ás normas estatutarias e legais nas que se ampara a transferencia.

En consonancia co disposto no artigo 148.1º.20 da Constitución española, o Estatuto de autonomía para Galicia establece no seu artigo 27.23º a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma en materia de asistencia social.

Pola súa parte, a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, recolle entre os principios inspiradores do sistema de servicios sociais o de territorialidade, segundo o cal a organización do sistema e a distribución de competencias e funcións responderán ós principios de descentralización e desconcentración, atribuíndo ou delegando o exercicio das competencias nos entes ou órganos administrativos máis próximos ós cidadáns, sen mingua da garantía dunha igualdade de servicios e prestacións a tódolos cidadáns de Galicia.

Así mesmo, a norma realiza unha distribución competencial entre as distintas administracións públicas, establecendo no seu artigo 21:

«1. Correspóndelles ós concellos de conformidade

co previsto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, as seguintes competencias:

a) A creación e xestión dos servicios sociais de atención primaria.

b) A creación e xestión dos servicios sociais especializados de ámbito local, entendendo por tales aqueles nos que os usuarios sexan predominantemente residentes no respectivo concello».

Pola súa vez, a disposición transitoria primeira da lei sinala que «de conformidade coas competencias atribuídas ás entidades locais nesta lei arbitrarase regulamentariamente o procedemento para a transferencia dos equipamentos, persoal, medios materiais e dotación orzamentaria correspondentes a elas», engadindo que a devandita transferencia incluirá, entre outros equipamentos, os centros sociais e as residencias da terceira idade, agás as asistidas.

Sobre a base destas previsións estatutarias e legais resulta procedente efectua-lo traspaso do centro social dependente da Administración autonómica ó Concello de Viveiro.

B) Identificación dos equipamentos que son obxecto de traspaso.

Traspásase ó Concello de Viveiro o seguinte equipamento do seu ámbito territorial:

-Centro social.

A xestión deste centro realizarase de acordo coa lexislación vixente nesta materia na Comunidade Autónoma de Galicia; en especial o relativo á determinación de beneficiarios, requisitos e intensidade da acción protectora.

Así mesmo, unha vez que o traspaso sexa efectivo, o centro quedará obrigado a desenvolve-los distintos programas e actuacións de ámbito autonómico que a Xunta de Galicia impulse en cada momento, nas condicións que prevé a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais.

C) Bens, dereitos e obrigas que se traspasan:

1. Traspásanse ó Concello de Viveiro os bens, dereitos e obrigas da Xunta de Galicia que se recollen no inventario detallado da relación adxunta número 1.

2. No caso de que o centro traspasado non se utilice para o cumprimento dos fins sociais previstos, reverterá á Comunidade Autónoma despois de que esta a inste dando audiencia ó concello.

3. No prazo de tres meses, desde a publicación do decreto que aprobe este acordo, asinaranse as correspondentes actas de entrega e recepción de mobiliario, equipo e material inventariable.

D) Persoal que se traspasa.

O persoal adscrito ó centro e servicios traspasados, que se referencia nominalmente na relación adxunta número 2, pasará a depender do Concello de Viveiro.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais notificaralles ós interesados o traspaso tan pronto como o Consello da Xunta de Galicia aprobe o presente acordo por decreto.

Así mesmo, a Consellería da Presidencia e Administración Pública declararalle o pase á nova situación administrativa que corresponda.

Así mesmo, remitiráselle ó organo competente do Concello de Viveiro unha copia certificada do expediente de persoal, así como certificado de haberes referidos ás contías devengadas durante 1997.

E) Valoración das cargas financeiras do centro e servicios transferidos.

1. A valoración definitiva do custo efectivo anual dos servicios traspasados, referidos ó ano 1997, elévase a 20.745.144.pesetas, conforme a seguinte distribución:

Centro social de Viveiro:

Capítulo I: 13.748.664.

Capítulo II: 6.996.480.

Total: 20.745.144.

2. O financiamento do citado custo por parte da Comunidade Autónoma realizarase en exercicios sucesivos para cada un dos centros traspasados mediante actualización do seu importe na mesma medida en que evolucionen globalmente os gastos de funcionamento (capítulos I e II dos centros de igual natureza xestionados pola Comunidade Autónoma. A variación indicada enténdese referida a ter

mos de comparación homoxéneos, é dicir, excluíndose os incrementos que poidan producirse en cada anualidade, respecto da anterior, pola posta en funcionamento de novos centros ou servicios.

3. A transferencia dos fondos ó Concello de Viveiro efectuarase por doceavas partes do importe total financiado en cada exercicio.

4. No ano 1998 o custo financiado será o resultante de deducir do total neto sinalado no punto 1 desta alínea o importe dos gastos dos capítulos I e II aboados pola Comunidade Autónoma ata a data de efectividade do traspaso do centro.

F) Documentación e expedientes necesarios para a xestión do centro que se traspasa.

A entrega da documentación e expedientes do centro e servicios que se traspasan, realizarase no prazo dun mes a partir da data de efectividade da transferencia obxecto deste acordo.

G) Data de efectividade da transferencia.

A efectividade da transferencia obxecto deste acordo terá lugar a partir do día 1 do mes seguinte ó da publicación do decreto de traspaso no Diario Oficial de Galicia.

E para que conste, expídese esta en Viveiro o 17 de xullo de 1998. Os secretarios da Comisión Mixta. Asdo.: Joan Ribot Margarit. Asdo.: Sara Martínez Álvarez.

Relación número 1

Relación de bens inmobles adscritos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais obxecto de traspaso ó Concello de Viveiro.

Nº ident.Nome e usoLocalidade e enderezoSuperficie construída

LB010Centro socialViveiro1.000 m

Relación número 2

Relación nominal do persoal que se traspasan ó concello do centro social de Viveiro.

Apelidos e nomeNúmero de

rexistro persoal

Corpo ou escalaPosto de traballoSituación

administrativa

Retribucións anuais 1997

BásicasComplement.Total

Domínguez Otero, Marta33.252.321Dtor. centro socialDtor. centro socialLaboral fixo3.105.886331.5723.437.458
Míguez López, Mª Lucía76.569.643Asistente socialAsistente socialLaboral fixo3.105.8863.105.886
Solloso Tiagonce, Ángeles76.563.624Posto base grupo DPosto base grupo DLaboral fixo2.110.7942.110.794
Cabado Gómez, Mª Lourdes46.336.613PeónPeónLaboral temporal1.738.7861.738.786

8895