Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.110

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 277/1998, do 24 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica a 20 kV Santa María-Furelos, no concello de Melide, provincia da Coruña. (Expediente 94/141).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na r/ Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aérea a 20 kV, de 5.924 m de lonxitude, con conductor LA-110, sobre apoios de formigón, con orixe no apoio nº 2 da liña subestación Melide-C.T. Santa María e remate na liña Cazallas-Melide-Leboreiro, afectando no seu per

corrido ó termo municipal de Melide (A Coruña) (expediente 94/141).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 16-2-1995, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 22-3-1995, no BOP de A Coruña do 12-4-1995, e no BOE do 23-3-1995.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable a este expediente en virtude do establecido polo punto 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 11-8-1997, no BOP da Coruña do 28-7-1997, no xornal El Correo Gallego do 11-7-1997, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Melide e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás ó titular do predio nº 138 xa que, por ser descoñecido, se lle deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

1. Alicia Noguerol Vázquez, titular do predio nº 10, oponse ó trazado da liña por considerar que non está xustificada a necesidade do trazado nin a do procedemento de urxente ocupación.

2. Delfina Blanco Segade, respecto ó predio nº 15, informa dos seus datos persoais e enderezo e solicita que se lle envíe de novo a notificación en castelán. Con data do 17-19-1997 cursouse nova notificación en castelán.

3. Raúl Lorenzo Mejuto, titular do predio nº 29, oponse ó trazado da liña por descoñece-la afección, solicitando plano e bosquexo da instalación.

4. Olga Norma Montes Castro, titular do predio nº 39, solicita que a instalación se coloque de tal maneira que afecte o menos posible á propiedade.

5. Manuel Tarrio Puñido, titular do predio nº 133, solicita información sobre a indemnización.

6. José Luis Vilela, titular do predio nº 151, solicita a variación do trazado da liña xa que, ó seu entender, infrinxe o disposto na normativa de protección dos Camiños de Santiago e do Patrimonio Histórico Español.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria, que ampliou a información solicitada por Raúl Lorenzo Mejuto.

Á vista das alegacións e das respostas da empresa beneficiaria dedúcese que:

a) A empresa beneficiaria ampliou as informacións solicitadas sobre a afección. Respecto á valoración destas afeccións, non se consideran as alegacións por non ser obxecto desta fase do expediente.

b) Non se pode admiti-la alegación de Alicia Noguerol Vázquez, xa que non se dan as condicións previstas nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966; por outra parte, a necesidade do trazado vén xustificada na declaración de utilidade pública concedida previamente.

c) Non se pode modifica-lo trazado no sentido solicitado por Olga Norma Montes Castro, xa que non se dan as condicións previstas nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966; sen embargo, a servidume imposta non lle impedirá ó propietario plantar ou edificar, deixando a salvo a dita servidume.

d) Non cabe considera-la alegación de José Luis Vilela Pardo, xa que o trazado proposto non infrinxe as leis 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio de Galicia, 16/1995, do 2 de xuño, do patrimonio histórico español e 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, xa que o punto máis próximo ó percorrido do camiño se sitúa a uns 70 m aproximadamente del, é dicir, fóra do perímetro de protección de 30 m establecido pola Lei 3/1996.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no punto 2 da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Con

sello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea, a 20 kV Santa María-Furelos (expediente 94/141), cos efectos e alcance previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Melide (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

9009