Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 22 de setembro de 1998 pola que se establecen os prezos privados esixibles pola prestación do servicio de venda de cartografía xestionado pola consellería.

O artigo 6 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que os prezos

privados serán fixados pola consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Os prezos de venda por cartografía teñen este carácter, de conformidade co establecido polo artigo 5 da citada lei.

Desde 1990 os programas de execución de cartografía por parte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda céntranse na súa elaboración por procedementos analíticos. Como resultado, disponse na actualidade dun importante arquivo de información cartográfica que é obxecto dunha demanda crecente por parte de organismos, profesionais, empresas ou particulares. Co fin de lle dar cobertura a esa demanda é preciso establecer unha canle de distribución ó público, fixando os correspondentes prezos.

Por esta orde modifícase parcialmente no que atinxe a cartografía a Orde do 22 de xaneiro de 1996 (Diario Oficial de Galicia, nº 44, do 1 de marzo).

Por todo o anterior, considerando as variacións producidas desde a norma anterior e logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda

DISPOÑO:

Artigo único

1. Mantense o actual servicio de venda de copias de planos, e ofrécense dous novos servicios: copias impresas e ficheiros de cartografía analítica.

2. Os ficheiros facilitaranse no formato en que foron elaborados pola consellería (DGN), sobre soportes magnéticos ou dixitais.

3. Os prezos privados esixibles polos servicios prestados por esta consellería son os que figuran como anexo a esta orde.

4. Os referidos prezos incrementaranse, de se lo caso, co IVE correspondente.

Disposición derrogatoria

Á entrada en vigor desta orde, queda derrogado o anexo I da Orde do 22 de xaneiro de 1996, pola que se fixan prezos privados xestionados pola consellería e polo Laboratorio de Control e Asesoramento para a Calidade da Edificación (Lacace), dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Venda de cartografía

1. Copia de planos do arquivo da dirección xeral.

1 Copia tamaño A-3, papel normal: 270 ptas.

1 Copia tamaño A-3, papel vexetal: 750 ptas.

1 Copia tamaño A-1, papel normal: 400 ptas.

1 Copia tamaño A-1, papel vexetal: 800 ptas.

No caso de petición de máis de 100 (cen) copias requiriráselle ó solicitante que achegue o material de reproducción, sendo os prezos os seguintes:

1 Copia tamaño A-3 ou A-1, papel normal: 250 ptas.

1 Copia tamaño A-3 ou A-1, papel vexetal: 700 ptas.

2. Impresión en color de ficheiros de cartografía analítica.

1 Plano tamaño A-3, papel normal ou vexetal: 800 ptas.

1 Plano tamaño A-1, papel normal ou vexetal: 1.500 ptas.

No caso de petición de máis de 100 (cen) copias requiriráselle ó solicitante que achegue o material de reproducción, sendo os prezos os seguintes:

1 Plano tamaño A-3, papel normal ou vexetal: 700 ptas.

1 Plano tamaño A-1, papel normal ou vexetal: 1.400 ptas.

3. Ficheiros de cartografía analítica formato DGN en CDROM.

Plano2D ou 3D2D ou 3D2D + 3D2D + 3D

EscalaPtas./hectáreaFolla completaPtas./hectáreaFolla completa

1:5.0003225.6004838.400
1:1.00080025.6001.20038.400
1:5003.20025.6004.80038.400

No caso de adquiri-las follas dun bloque completo (termo municipal escala 1/5.000, núcleo de poboación escala 1/1.000 ou conxunto histórico 1/500) o prezo final terá un 20% de desconto.

9010