Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.095

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

CONCURSO de consultoría e asistencia para a elaboración do plan estratéxico de Ourense.

1. Entidade que adxudica o concurso: Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), da Deputación Provincial de Ourense.

2. Obxecto do contrato: consultoría e asistencia, mediante concurso público e procedemento aberto, para a elaboración do plan estratéxico de Ourense, con prazo máximo de execución de oito (8) meses.

3. Tramitación: o contrato adxudicarase mediante concurso aberto e en trámite de urxencia.

4. Orzamento base de licitación: máximo de 97.750.000 ptas.

5. Garantías: provisional: 2% do orzamento do contrato. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Documentación e información: no Inorde, rúa Progreso, 28. Teléfono: 988 39 10 85, fax: 988 39 19 62. C.P.:32003. Ourense. A documentación poderá solicitarse ata a data de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos: non se esixe clasificación pero figura nos criterios de valoración.

8. Presentación de documentación e ofertas: ata as catorce horas (14 horas), do vixésimo sexto día natural seguinte ó de publicación deste anuncio no BOE (ou no Diario Oficial de Galicia (DOG), se se publica neste con posterioridade). As ofertas e

documentación presentaranse na sede da entidade contratante antes indicada. A oferta debe manterse durante tres meses contados desde a apertura.

9. Apertura de ofertas: os sobres A, coa documentación, abriranse na sede do Inorde, antes mencionada, ás doce horas (12 horas) do día seguinte hábil (excepto sábados), a aquel no que remate o prazo de presentación.

Os sobres B, coas ofertas económicas, ás dez horas e trinta minutos (10.30 horas) do terceiro día hábil seguinte, na mesma orde.

10. Os pregos de condicións publícanse íntegros no BOP de Ourense do día da data e facilitaránselles, gratuitamente, ós interesados que o soliciten, no Inorde.

Ourense, 19 de setembro de 1998.

Antonio Mouriño Villar

Presidente do Instituto Ourensán

de Desenvolvemento Económico

9121