Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.094

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 22 de setembro de 1998 polo que se publica o peche da convocatoria de bolsas para a concesión de axudas económicas dirixidas a licenciados universitarios que obtivesen durante 1998 unha estadía non remunerada nalgunha das institucións comunitarias.

Por medio do anuncio do 3 de novembro de 1997, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 224, do 19 de novembro, a Fundación Galicia-Europa deu a coñece-la súa convocatoria de bolsas para a con

cesión de axudas económicas dirixidas a licenciados universitarios que obtiveran durante 1998 unha estadía non remunerada nalgunha das institucións comunitarias.

Segundo establecía a dita convocatoria, unha vez que foran adxudicadas tódalas bolsas a fundación faría público o esgotamento do orzamento comprometido para tal fin, pechando a admisión de novas solicitudes que desexasen ampararse nela.

Téndose producido esa circunstancia e completándose a adxudicación das bolsas co paralelo compromiso do crédito a elas vinculado, declárase pechada a convocatoria realizada mediante o devandito anuncio do 3 de novembro de 1997.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa

9113