Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.095

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO MUNICIPAL DE DEPORTES DE FERROL

ANUNCIO.

Resolución da Xunta Rectora do Padroado Municipal de Deportes do Concello de Ferrol (A Coruña), pola que se anuncia concurso para a contratación das obras de construcción de 6 pistas de tenis e 4 de paddle na zona deportiva da Malata.

Para xeral coñecemento e en execución do acordo da Xunta Rectora do Padroado Municipal de Deportes, adoptado en sesión do 17 de setembro de 1998, convócase concurso en procedemento aberto das obras de construcción de 6 pistas de tenis e 4 de paddle na zona deportiva da Malata.

1. Obxecto do contrato.

É obxecto do contrato a execución das obras de construcción de 6 pistas de tenis e 4 de paddle na zona deportiva da Malata, consonte o proxecto técnico redactado por Juan J. Ruiz González, aparellador municipal co planeamento realizado con data 2 de setembro de 1998 e o prego de prescricións técnicas.

O referido proxecto e os pregos de cláusulas e prescricións técnicas, cos documentos que preceptivamente o integran, compoñerán o contrato de adxudicación de obra, que sexa outorgado no seu día.

2. Orzamento de contrato e tipo de licitación.

Sinálese como tipo de licitación 14.384.710 pesetas, que é o importe do proxecto, facéndose a mellora mediante baixa respecto ó mesmo tipo de licitación.

Na contratación destas obras entenderase que os contratistas, ó formula-las súas propostas económicas, incluíron nelas o importe do imposto do valor engadido.

3. Financiamento.

A obra obxecto do contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria 19-4521-61100 do orzamento xeral en vigor do Padroado Municipal de Deportes do Concello de Ferrol.

4. Prazo de execución.

As obras deberán ser executadas dentro do prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da sinatura da acta de comprobación de planeamento. O incumprimento de tal prazo será sancionado a teor do establecido no Art. 96 da LCAP, agás que exista causa fundada que impida o seu comezo.

5. Clasificación do contratista.

Dada a contía do contrato non é esixible atoparse clasificado no Rexistro de Contratistas.

6. Lugar e prazo de presentación.

As proposicións presentaranse no Rexistro do Padroado Municipal de Deportes en horario de 9 a 13 horas de luns a sábado, durante o prazo de trece días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación, ben no BOP ou no DOG.

As proposicións presentadas con posterioridade non serán admitidas aínda que conste que se entregaron en correos antes da finalización do prazo, agás que se remita ás oficinas do Padroado Municipal de Deportes do Concello de Ferrol, por fax ou telegrama, a xustificación da data de remisión da oferta no mesmo día que se enviou por correo.

Non obstante transcorridos 10 días desde a terminación do prazo de presentación, non será admitida ningunha proposición enviada por correo.

Os licitadores deberán presentar dous sobres (A y B) en cada un dos cales figurará a inscrición: proposta para tomar parte na contratación por concurso aberto das obras de construcción de 6 pistas de tenis y 4 de paddle en zona deportiva da Malata.

En cada sobre indicarse a denominación da empresa, nome e apelidos de quen asine a proposta e o carácter co que o fai, debendo estar ámbolos dous sobres tamén asinados.

O sobre «A» subtitularase capacidade e solvencia para contratar, conterá os documentos esixidos na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas xerais.

O sobre «B» subtitularase proposición económica e criterios de adxudicación, axustarase ó modelo esixido na cláusula 13 de prego de cláusulas administrativas xerais.

7. Fianzas.

A garantía provisional será de 287.694 pesetas, equivalente ó 2% do orzamento do contrato ou tipo de licitación, e poderaa constituír en calquera das formas prevista no artigo 18 da LCAP.

O adxudicatario no prazo de quince días hábiles, contados desde a data de notificación da presente adxudicación e como requisito previo e preciso á realización do contrato, deberá ingresar na Caixa do Padroado a garantía definitiva: 575.388 pesetas.

8. Apertura de plicas.

Rematado o prazo de presentación de proposicións, a mesa procederá á cualificación da documentación recibida en tempo e forma (sobre A) concedendo, se observase defectos materiais nela, un prazo de tres días hábiles para que o licitador emende o erro.

As ofertas presentadas (sobre B) serán abertas en acto público o día e hora que oportunamente se sinale ós licitadores, e farase na sala designada para o efecto da 1ª planta do pazo municipal. Iniciará o acto dando conta do resultado da cualificación da documentación xeral presentada polos licitadores, e indicándolles a aqueles que resultaron excluídos, as causas da súa exclusión e invitando os asistentes a formularen as observacións que consideren oportunas, e que, en todo caso, se recollerán a acta.

A continuación, o secretario da mesa procederá á apertura dos devanditos sobres «B», e dará lectura das proposicións económicas formuladas neles, posteriormente e tralos informes técnicos oportunos, a mesa de contratación elevará proposta de adxudicación ó órgano de contratación.

9. Expediente administrativo.

O expediente desta contratación así como a documentación técnica unida a el, poderá ser examinado nas oficinas do Padroado Municipal de Deportes do concello, de luns a vernes, e en horas de 9 a 13, a contar a partir do día seguinte a aquel en que apareza publicado o anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

10. Gastos de publicidade.

Serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 24 de setembro de 1998.

O presidente-delegado

Asinado