Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva de adaptación do proxecto de urbanización PERI I-05 Praza Elíptica. (Expediente 4070/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 31 de xullo de 1998, acordou aprobar definitivamente o proxecto de adaptación do proxecto de urbanización do PERI I-05 Praza Elíptica, redactado polos servicios técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo en novembro de 1997.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren desco

ñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 17 de setembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

8787