Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

BASES para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso, dunha praza de técnico de xestión económico-financeira incluída na oferta de emprego para 1998.

1. Obxecto da convocatoria.

A provisión, polo procedemento de concurso, dunha praza de técnico de xestión económico-financeira, incluída na oferta de emprego público para 1998 e encadrada na escala de Administración especial; subescala: servicios especiais; clase: cometidos especiais e categoría de técnico de xestión económico-financeira, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo B do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretados na correspondente relación orzamentaria.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP e no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados e no taboleiro de anuncios.

2. Condicións dos aspirantes.

Os aspirantes terán que reuni-las seguintes condicións:

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que remate o prazo de presentación de instancias, e non exceder da establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Estar en posesión do título de diplomado universitario ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias para tomar parte na presente convocatoria.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño da correspondente función.

e) Non encontrarse separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas ou Administración local, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

Tódolos requisitos anteriores deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos ata a data de nomeamento.

3. Presentación de instancias.

As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó alcalde-presidente da Corporación, facendo constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior e presentaranse no prazo de vinte días naturais desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias presentaranse directamente no rexistro xeral do concello ou mediante o procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As instancias irán acompañadas dos documentos xustificativos dos méritos que se aleguen mediante orixinais ou fotocopias compulsadas, e non se tomanrán en consideración nin serán válidos aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento da presentación da instancia.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Para seren admitidos a tomar parte na respectiva convocatoria, os aspirantes presentarán a instancia, na que manifestarán que reúnen todas e cada unha das condicións sinaladas no número 2 destas bases, acompañada dos documentos xustificativos dos méritos que aleguen.

4.2. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Presidencia da Corporación dictará resolución no prazo dun mes, aprobando a lista de admitidos e

excluídos. Na mesma resolución da Presidencia incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora na que se xunte para a cualificación.

5. Tribunal cualificador.

O tribunal estará composto polos seguintes membros:

-Presidente: o da corporación ou membro dela no que delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario dela no que delegue.

-Vocais:

-Un representante da Comunidade Autónoma.

-Un funcionario de habilitación nacional nomeado pola Presidencia.

-un técnico na materia nomeado pola Presidencia.

-un representante dos traballadores.

A composición do tribunal farase pública no BOP, e contra os nomeados, poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas por lei.

O tribunal quedará integrado ademáis polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás do presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso, requirirase a asistencia do presidente e o secretario ou persoas nas que deleguen.

6. Valoración de méritos.

a) Experiencia profesional:

1. Por servicios prestados na Administración local en funcións relacionadas coa xestión orzamentaria e tributaria, por cada ano completo de servicios: 1 punto, ata un máximo de 5 puntos.

2. Por servicios prestados noutra Administración pública en funcións relacionadas coa xestión orzamentaria e tributaria, por cada ano completo de servicios: 0,25 puntos, ata un máximo de 2 puntos.

b) Experiencia docente en contabilidade de Administración local: 2 puntos.

c) Por posuír título superior ó esixido na convocatoria, relacionado coas funcións da praza: 3 puntos.

d) Por curso superior de economía impartido por centros universitarios: 2 puntos.

e) Pola participación en cursos relacionados coas funcións da contabilidade orzamentaria, xestión orzamentaria e/ou tributaria e aplicacións informáticas de tales materias, cunha puntuación máxima de 2 puntos.

-Por cada curso de máis de 200 horas: 0,80 puntos.

-Por cada curso de 40 a 200 horas: 0,40 puntos.

-Por cada curso de 20 a 39 horas: 0,20 puntos.

-Por cada curso ata 19 horas: 0,10 puntos.

f) Por coñecemento da lingua galega:

-Curso de iniciación: 0,5 puntos.

-Curso de perfeccionamento: 1 punto.

Acreditarase co certificado oficial da Xunta de Galicia e puntuarase só o de máis alto nivel no caso de posuí-los dous.

g) No caso de que o tribunal o estime oportuno, realizarase unha entrevista ós aspirantes, cunha puntuación máxima de 3 puntos.

7. Relación de cualificación.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación deles mesmos por orde de puntuación, elevando a proposta, con carácter vinculante, ó presidente da corporación, para que formule o nomeamento do aspirante proposto.

8. Nomeamento e toma de posesión.

Rematado o proceso selectivo, o alcalde ou órgano municipal competente, de acordo coa proposta do tribunal cualificador, procederá a nomear funcionario de carreira ó aspirante proposto, que deberá tomar posesión no prazo de trinta días naturais, contados desde o seguinte ó que lle sexa notificado o seu nomeamento, debendo previamente prestar xuramento ou promesa de conformidade co establecido no R.D. 707/1979, do 5 de abril.

9. Incompatibilidades.

O funcionario nomeado quedará suxeito ó réxime de incompatibilidades do sector público, de acordo coa normativa vixente.

10. Incidencias.

A aprobación das bases da convocatoria e os actos administrativos que se sucedan poderán ser impugnados polos interesados, nos casos e na forma prevista pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sada, 14 de setembro de 1998.

Rubricado

8786