Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 17 do PXOU de Vigo (vía Seminario-Corredoira). (Expediente 4781/411).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 3 de agosto de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 17 do PXOU de Vigo (vía Seminario-Corredoira), segundo a documentación elaborada polos servicios técnicos e xurídicos da oficina de planeamento da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 17 de setembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9118