Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 25 de setembro de 1998, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais que en baixo se relacionan; de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, expóñense ó público os expedientes polo período dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que, durante o dito prazo se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes:

-Aprobación inicial da modificación puntual das NN.SS.MM. para incorpora-lo convenio entre a familia Justo Maranjes e o Concello de Bueu, no lugar da Achadiza.

-Aprobación inicial da modificación puntual das NN.SS.MM. para incorpora-lo convenio entre Manuel Ríos Pérez outros e o Concello de Bueu, no lugar da Roiba.

-Aprobación inicial da modificación puntual das NN.SS.MM. para incorporación do convenio entre o Concello de Bueu e os Sres. Torres Sánchez e outros, no lugar do Cabalo.

Os expedientes poderán ser examinados nas dependencias da secretaría, das 8 ás 14 horas en días hábiles, agás sábados, que será das 9.30 ás 13 horas.

Bueu, 1 de outubro de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

9116