Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 17 de setembro de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da parcela I-11, do Polígono Industrial Comercial deste termo municipal, promovido por Eulogio Cristobo Fungueiriño, en representación de Asociados Industriales (Ainsa).

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da data de publicación deste anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren pertinentes.

Bergondo, 21 de setembro de 1998.

José Carabel Balsa

Alcalde-presidente

9122