Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, o día 24 de setembro de 1998, o proxecto de urbanización do SAUR 6 - Choupana, sométese a información pública por un período dun mes para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado no artigo 44.3º, en concordancia co 45.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Cangas, 30 de setembro de 1998.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

8776