Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (28/92 e tres máis).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión celebrada o 26 de maio de 1998 na Sala de Xuntas nº 1, da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública, baixo a presidencia do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, e coa asistencia do vicepresidente Francisco Caamaño Pajares, os vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón, José Abelardo Blanco Serrano e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número: 28/92.

Denominación: monte de Porteliña.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Porteliña.

Parroquia:Cuíñas.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 50 ha.

Lindeiros:

Norte: rego de Rellouso. Leste: regato de Chaín, que o separa dos montes Rellouso e Vilarón e Cuíñas; estrada de Cuíñas a Porteliña e predios particulares, seguindo aproximadamente a liña de máxima pendente. Sur: rego de Pasada. Oeste: predios particulares (pasteiros, cultivos e fraga de frondosas) dos veciños de Porteliña e cemiterio, e máis predios particulares (pasteiros, cultivos e fraga de frondosas) dos veciños de Porteliña.

Expediente número: 31/92.

Denominación: monte de Grandela.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Grandela.

Parroquia: Pobra de Navia.

Concello: Navia de Suarna.

Superficie: 30 ha.

Lindeiros:

Norte: predios particulares de Grandela e monte Cociña, Tola e Trigal. Leste: predios particulares de Grandela e monte de Barcia. Sur: predios particulares de Grandela. Oeste predios particulares de Grandela e monte de Cociña, Tola e Trigal.

Expediente número: 49/92.

Denominación: montes de Folgueiras.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Folgueiras.

Parroquia: Folgueiras.

Concello: Navia de Suarna.

Superficie: 53 ha.

Lindeiros:

Parcela I.

Norte: montes dos pobos de Vilaverde e Silvouta. Leste: montes do pobo de Silvouta e predios particulares de Folgueiras. Sur: predios particulares de Folgueiras. Oeste: predios particulares de Folgueiras e monte do termo de Vilaverde.

Parcela II.

Norte: predios particulares de Folgueiras. Leste: predios particulares de Folgueiras. Sur: predios particulares de Folgueiras. Oeste: monte do lugar de Son.

Expediente número: 1/95.

Denominación: monte de Reigosa.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Reigosa.

Parroquia: San Cristovo do Real.

Concello: Samos.

Superficie: 61 ha.

Lindeiros:

Norte: predios particulares dos veciños de Abradelo. Leste: monte comunal dos veciños de Abradelo. Sur: monte comunal dos veciños de Nande. Oeste: más monte particular dos veciños de Reigosa e predios particulares dos veciños de Reigosa.

Descrición do perímetro:

Comezando no norte, na valgada coñecida como Rego de Valoscura, linda cun prado propiedade de Jaime Arza Mourelo, sube pola referida valgada, na dirección surleste, ata o camiño antigo de Abradelo ó monte. Transcorre na dirección sur ata o lugar coñecido por Fontiñas onde concorren os montes de Abradelo e de Nande. Baixa, na dirección noroeste, polo rego de Reigosa ata os predios particulares. Na dirección norte linda cos predios particulares dos veciños de Reigosa, ata o punto de partida.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 26 de maio de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo

9177