Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da contratación do concurso e procedemento aberto da subministración consistente na confección e elaboración de títulos de propiedade resultantes da concentración parcelaria e impresos referentes ó proceso.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/95, do 18 de maio, de contratos das admi

nistracións públicas, faise pública a adxudicación da seguinte consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

c) Número de expediente: 98/09/1025.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: confección e elaboración de títulos de propiedade resultantes da concentración parcelaria e impresos referentes ó proceso.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 114, do 16 de xuño de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns oitocentas setenta e dúas mil catrocentas corenta e cinco pesetas (9.872.445 ptas.), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 10 de setembro de 1998.

b) Contratista: Gráficas Sampar, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis millóns trescentas sesenta mil duascentas oitenta pesetas (6.360.280 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimenaria

8675