Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. Mendoia e Manzaneda, nos concellos da Pobra de Trives e Manzaneda. (Expediente IN407A 98/162-3).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concellos da Pobra de Trives e Manzaneda.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

L.M.T. aérea a 20 kV, de 1.615 m, con orixe no apoio derivación ó centro de transformación da Pereira e final na L.M.T. subterránea, en conductor LA-56.

L.M.T. aérea a 20 kV, de 277 m, con orixe no apoio nº 11 da L.M.T. Mendoia-Manzaneda, e final no centro de transformación de Sobrado en conductor LA-56.

L.M.T. subterránea a 20 kV, de 330 m, con orixe no apoio nº 15, e fin no apoio nº 16 da L.M.T. Mendoia-Manzaneda, en conductor R.H.V. 12/20 kV-3x150 Al.

C.T. proxectado tipo prefabricado, de Manzaneda con 250 kVA e r/t 20.000/380-220 V.

e) Orzamento: 17.442.047 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación

adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidas,

para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, 1-4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 24 de agosto de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A98/162-3 A.T.

Instalación eléctrica: L.M.T. Mendoia-Manzaneda, nos concellos da Pobra de Trives e Manzaneda (Ourense)

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuperf.

mLonxitude

mSuperf.

m

3OuteiroMonte altoEmilio Arias VicenteCantón do Toural, 5-1º,

15705 Santiago de Compostela

1,22941.504

4OuteiroMonte baixoBeatriz García TrilloFernando Macías, 35-5º,

15004 A Coruña

464

9OuteiroMonte baixoMaría VegaYellowstone Blond-Forest Hill, 6838, 11375 New York20200

10OuteiroPradoJoaquina Pérez VegaFlorensio Delgado, 12-baixo,

32300 O Barco de Valdeorras

990

13Penedo Que.PradoJuan Bautista Rodríguez FernándezSan Martín Manzaneda, 10,

32781 Manzaneda

660

13/1A BelariaMonte baixoJosé Manuel Martínez FernándezSobrado, s/n,

32782 A Pobra de Trives

542

8802