Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.082

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (38/1998).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 38/1998 se segue xuízo de faltas sobre furto no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

Sentencia

En Santiago de Compostela, o 1 de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 38/1998, seguidos por furto, sendo parte denunciante o representante legal da entidade Viva Voce, aparecendo como parte denunciada David Boutureira Taboada, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido:

Que debo condenar e condeno a David Boutureira Taboada, como autor responsable dunha falta de furto do artigo 623-1º do Código Penal, á pena da multa de dous meses, a razón de 300 ptas./día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en arrestos de fin de semana. Así mesmo deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito, ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado David Boutureira Taboada, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o nove de setembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

8798