Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/170-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T, C.T, R.B.T, Cortiñas-Nogueiro-Toledo.

Situación: Castrelo de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T aérea a 20 kV de 338 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 8 da L.M.T existente Castrelo-Rairo e remate no C.T proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Toledo. R.B.T. aérea de 905 metros con orixe no devandito C.T., en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de setembro de 1988.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8797