Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.060

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 7 de setembro de 1998 de corrección de erros no do 14 de xullo de 1998 para a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

Advertidos erros no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 156, do pasado 13

de agosto de 1998, cómpre face-las seguintes correccións:

No apartado 3. Requisitos, onde di: «...Titulado superior...», debe dicir: «...Licenciado en Ciencias da Información ou titulado nalgunha das antigas escolas de periodismo...».

No apartado 4. Valorarase, onde di: «...Currículum vitae, licenciatura en Periodismo ou Ciencias da Información, capacidade para integrarse en equipos de traballo, e capacidade de síntese...», debe dicir: «...Currículum vitae, capacidade para integrarse en equipos de traballo, e capacidade de síntese...».

No apartado 5. Probas que se realizarán, onde di: «...Proba de informática (Access, Word, Excell 97 e Quarkxpress), proba de coñecementos de galego, proba sobre redacción e maquetación...», debe dicir: «...Proba de informática (Access 97, Word 97, Excel 97 e Quark XPress), proba de coñecementos de galego, proba sobre redacción e maquetación, entrevista...».

O novo prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1998.

Heriberto Verdés Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

9066