Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.060

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DA CORUÑA, S.A.

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso para a venda de parcelas do Parque Empresarial das Somozas.

O prego de condicións e demais documentación poderán ser examinados nas oficinas de Xestur sitas na Ronda de Nelle nº 12 bis, 1º da Coruña en horas de 10 a 14.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de dez días naturais desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo facerse a presentación nas ditas oficinas ata as 15 horas do derradeiro día do prazo.

A apertura das proposicións realizarase na sala de xuntas de Xestur o día inmediato seguinte ó da finalización do dito prazo.

Iván Bértolo Cadenas

Xerente de Xestión Urbanística da Coruña, S.A.