Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente en Comisión de Goberno do Concello do Grove do 1 de outubro deste ano o proxecto de urbanización da parcela sita nas rúas Jaime Solá e Hospital, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Álvaro Pérez-Lafuente Bóveda en representación de El Marino, S.A.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado estudio de detalle durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente está á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio do presente anuncio notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou que intentada a notificación non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 2 de outubro de 1998.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde

8778