Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 4431/1998, do 31 de agosto, aprobouse o expediente administrativo, por medio de poxa, con procedemento aberto, para a contratación da obra denominada rede de auga e de sumidoiros, incluído bombeo de fecais, no Couto-Lorbé (Dexo).

A través deste anuncio exponse ó público o prego de cláusulas administrativas particulares para que durante o prazo de oito días hábiles -contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio, xa sexa no BOP ou no Diario Oficial de Galicia- se poidan presenta-las reclamacións que se consideren oportunas contra el, as cales de presentárense, serán resoltas polo mesmo órgano que o aprobou.

Ó mesmo tempo e para o caso de que non se presenten, convócase licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Oleiros.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 29/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: rede de auga e de sumidoiros incluído bombeo de fecais, no Couto-Lorbé.

b) Lugar de execución: lugar do Couto, en Lorbé (parroquia de Dexo).

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: 7.576.924 ptas.

5. Garantías:

a) Provisional: 151.538 ptas.

b) Definitiva: 303.077 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: 15173 Oleiros.

d) Teléfono: 981 61 00 00.

e) Fax: 981 63 10 29.

f) Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais (26) contados a partir do mesmo día da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, ata as 13 horas.

b) Documentación que se presentará: a establecida no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Oleiros.

-Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

-Localidade e código postal: 15173 Oleiros.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: vinte días contados desde o seguinte ó da apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade: Oleiros.

d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. Se cadra un sábado, o día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: ás 10 horas.

9. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio, así como os do anuncio que se publicará nun dos xornais de maior difusión da provincia, serán pola conta do contratista que resulte adxudicatario.

Oleiros, 8 de setembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa

8726