Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria, realizada o día 24-9-1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle Ramón Cabanillas, 58, promovido por Construcciones Noselo, S.L., e redactado polo arquitecto José Díaz de la Iglesia.

En execución do acordo exponse ó público polo período dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios, mediante publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, para os efectos sinalados no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O expediente queda de manifesto na secretaría para os efectos do seu exame e, se é o caso, presentación de alegacións.

Moaña, 28 de setembro de 1998.

Xabier Abalo Costa

Alcalde

8727