Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva dunha modificación puntual das NN.SS.

O Concello de Melide, en sesión plenaria do 10 do actual, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das NN.SS. en solo urbano de Melide, anexo á SAU-5 co fin de varia-la posición e dimensión de dúas vías previstas nunha zona clasificada como solo urbano e situado entre a SAU-5 e a estrada C-540, aumentando a sección de 12 a 14 metros.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Melide, 14 de setembro de 1998.

Miguel R. Pampín R.

Alcalde

9070