Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO sobre a aprobación inicial das NN.SS. de Melide.

O Concello de Melide, en sesión plenaria do 10 de setembro actual, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das NN.SS. en terreos situados entre o Camiño de Santiago-Campo da Feira e rúa Gaiteiros Garceiras, con obxecto de abrir unha nova rúa perpendicular á rúa Gaiteiros Garceiras; isto de conformidade coa documentación redactada polo arquitecto Luis Hermida González.

O que se fai público durante o prazo dun mes, en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Melide, 14 de setembro de 1998.

Miguel R. Pampín R.

Alcalde

8551