Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 4395/1998, do 3 de setembro, aprobouse o expediente administrativo, por medio de poxa, con procedemento aberto, para a contratación da obra denominada obras de mellora da estación depuradora de augas residuais de Lorbé (Dexo).

A través deste anuncio exponse ó público o prego de cláusulas administrativas particulares para que durante o prazo de oito días hábiles -contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio, xa sexa no BOP ou no Diario Oficial de Galicia- se poidan presenta-las reclamacións que se consideren oportunas contra el, as cales de presentárense, serán resoltas polo mesmo órgano que o aprobou.

Ó mesmo tempo e para o caso de que non se presenten, convócase licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Oleiros.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 30/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: obras de mellora da estación depuradora de augas residuais de Lorbé (Dexo).

b) Lugar de execución: depuradora de Lorbé Camiño do Bonete - Lorbé (Dexo).

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: 11.771.892 ptas.

5. Garantías:

a) Provisional: 235.438 ptas.

b) Definitiva: 470.876 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: 15173 Oleiros.

d) Teléfono: 981 61 00 00.

e) Fax: 981 63 10 29.

f) Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais (26) contados a partir do mesmo día da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, ata as 13 horas.

b) Documentación que se presentará: a establecida no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Oleiros.

-Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

-Localidade e código postal: 15173 Oleiros.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: vinte días contados desde o seguinte ó da apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade: Oleiros.

d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. Se cadra un sábado, o día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: ás 10 horas.

9. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio, así como os do anuncio que se publicará nun dos xornais de maior difusión da provincia, serán pola conta do contratista que resulte adxudicatario.

Oleiros, 10 de setembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa

8728