Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de setembro de 1998 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Carliños II.

Visto o expediente incoado por Gabriel Bea Alfonso e Mª Belén Bea Rodríguez, no que solicitan o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de ostra plana denominada Carliños II, outorgado pola orde ministerial do 31-5-1977, situado na cuadrícula nº 120, do polígono A do Grove, rematando a concesión o 8-8-2007, e da que eran titulares Gabriel Bea Alfonso e Carmen Rodríguez Iglesias.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Derradeiras Vontades, a declaración notarial de herdeiros, a escritura notarial de partición da herdanza de Carmen Rodríguez Iglesias e a renuncia de Gabriel Bea Alfonso e a documentación acreditativa da presentación ó pagamento ou pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e da batea de que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª Belén Bea Rodríguez (35.447.957).

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, e quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 1 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

8834