Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de setembro de 1998 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Meis II.

Visto o expediente incoado por Mª Luisa Dios Villanueva, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Meis II, outorgado pola orde ministerial do 9-2-1969 , situado na cuadrícula nº 233, do polígono F de Cambados, rematando a concesión o 9-1-1999, e do que eran titulares Juan-José Pouso Santiago, Mª Luisa Dios Villanueva, Ramón Dios Ramos e Luisa Villanueva Pérez.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción de Juan-José Pouso Santiago, a certificación do Rexistro de Derradeiras Vontades, a declaración notarial de herdeiros abintestato e a documentación acreditativa da presentación ó pagamento ou pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cas expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª Luisa Dios Villanueva (35.417.901), Ramón Dios Ramos (35.389.116), Luisa Villanueva Pérez (35.398.077), Ramón Pouso Dios (35.466.068), Juan-José Pouso Dios (35.460.304) e Daniel Pouso Dios (35.466.070).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, e quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 1 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

8835