Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de setembro de 1998 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Castro I.

Visto o expediente incoado por Ana e Rosario Castro Padín, no que solicitan o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Castro I, outorgado pola orde ministerial do 12-6-1963 , situado na cuadrícula nº 98, do polígono E do Grove, rematando a concesión o 12-6-2003, e da que eran titulares Manuel Castro Blanco e Mª Josefa Iglesias Padín.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1º do Decreto 406/1996, e con

siderando que ó expediente figuran unidos os certificados de defunción, a certificacións do Rexistro de Derradeiras Vontades, as copias notariais dos testamentos dos antugos titulares e a documentación acreditativa da presentación ó pagamento ou pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cas expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Ana Castro Padín (35.447.738) e Mª Rosario Castro Padín (76.862.335).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, e quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 1 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

8833