Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de setembro de 1998 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Isla V.

Visto o expediente incoado por Joaquín Otero Cores, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Isla V, outorgado pola orde ministerial do 10-11-1964 , situado na cuadrícula nº 17, do polígono H de Cambados, rematando a concesión o 30-11-2004, e da que era titular Joaquín Otero Besada.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Derradeiras Vontades, a declaración notarial de herdeiros, a escritura notarial de partición da herdanza, así como a escritura de aclaración complementaria e a documentación acreditativa da presentación ó pagamento ou pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Magdalena Otero Cores (35.457.063); Pilar Otero Cores (35.467.223); Joaquín Otero Cores (35.450.900) e Mª Laura Otero Cores (35.448.658).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, e quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 1 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

8832