Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa para o trazo da L.M.T., C.T. e R.B.T. Albarde, Prado, Areas, concello de Pantón e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 13/1998).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese á información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan MEGA.

c) Traza, datos básicos e localización:

1. Liña aérea de media tensión a 20 kV a C.T. Souto, orixe na L.M.T., a C.T. Cima de Vila, e final no C.T. Souto, cunha lonxitude de 0,262 km, conductor LA-56/54,6 mm, apoios de formigón e chapa. Liña de media tensión a Rachelo, 20 kV, orixe na L.M.T. a C.T. Vilar de Ordelle final no C.T. Rachelo, de 0,101 km de lonxitude, conductor LA-56/54,6 mm, apoios de formigón. Centro de transformación en Souto, de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Centro de transformación en Rachelo, de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión en Albarde, Prado e Souto, orixe no C.T. Souto, de 1,71 km de lonxitude, apoios de formigón en conductores R.Z.-0,6/1 kV, 2x25; 3x25 e 3x50 e 3x95 Al. Liña de baixa tensión Areas, Rachelo, orixe no C.T. Rachelo, de 0,73 km, conductores R.Z.-0,6/1 kV, 2x25, 3x25, 3x50, 3x95 Al, apoios de formigón. Liña de baixa tensión Pesqueiras, orixe no C.T. Freán, de 1,07 km de lonxitude, apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 53, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 40/1994, é no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, de Lugo), e formular a este as reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que tratarán sobre o disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 8 de setembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8732