Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de Piñeiro-Estacas-Cuntis (sector II) (Cuntis-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Piñeiro-Estacas-Cuntis (Sector II) (Cuntis-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 433/1987, do 5 de novembro (DOG nº 231, do 1 de decembro de 1987), o seguinte:

Primeiro.-Con data do 14 de agosto de 1998 o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Piñeiro-Estacas-Cuntis (Sector II) (Cuntis-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público na Casa do Concello de Cuntis e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da zona e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Os recorrentes poden presenta-los recursos no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria -sito na rúa Benito Corbal, 47, 4º, de Pontevedra-, no rexistro xeral da consellería -sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela-, ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación. No escrito de recurso deberán expresar un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxisen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación, ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 1 de setembro de 1998.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

de Pontevedra

8733