Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/156-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Implanor, S.L.

Enderezo social: Pol. Industrial de Seixalbo, 32000 Ourense.

Denominación: ampliación de C.T. no Pol. Industrial Seixalbo.

Situación: Pol. Industrial Seixalbo (Ourense).

Descricións técnicas: ampliación das unidades de transformación da factoría cun novo trafo de 800 kVA, R/T 20/0,4 kV e nova distribución do trafo existente de 500 kVA, R/T 20/0,4 kV. Paramenta de alta tensión con celas de entrada e saída, protección e medida. Interruptor automático de corte SF6, tipo Fluarc SFset, UN=24 kVA, IN=400 A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 7 de agosto de 1998.

P.S.L.

Juan Manuel García García

Xefe de Servicio da Delegación Provincial

de Ourense

8765