Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Estrada e Forcarei: V-2524; XG-251, por substitución da concesión V-2524; XG-251, entre A Estrada e Meavía, con prolongación a Forcarei.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 3 de xullo de 1998, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Manuel Troitiño Núñez, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Estrada e Forcarei: V-2524; XG-251, por substitución da concesión V-2524; XG-251, entre A Estrada e Meavía, con prolongación a Forcarei, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I.Itinerarios e puntos de parada.

* A Estrada, Empalme (N-640/Deputación), Cereixo, Vinseiro, Meavía, Quintillán, Empalme de Casetas e Forcarei.

II. Prohibicións de tráfico.

* De e entre A Estrada e o empalme da N-640 coa estrada que vai a Meavía, e viceversa.

* De e entre Forcarei e Empalme de Casetas, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións.

Forcarei - A Estrada (21 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

A Estrada - Vinseiro (8 km).

* Unha expedición de ida e volta os día lectivos.

Esta expedición poderá facer parada no Instituto de FP da Estrada.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 14,5367 pesetas.

* Tarifa usuario: 15,5542 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 2,1805 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

8842