Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Plan de reestructuración do transporte regular de viaxeiros por estrada na Comunidade de Galicia.

Adxudicatario: Consultráns, S.A.

Orzamento: 50.112.000 ptas.

Prazo de execución: oito meses.

Concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Cambados (Pontevedra).

Adxudicatario: Transportes La Unión, S.A.

Canon mínimo: 526.000 ptas.

Prazo de adxudicación: vinte anos.

O que se notifica en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Ley de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, advertíndose que esta resolución en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente, de conformidade co artigo 58 da Ley reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9000