Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Santiago de Compostela e Ponte de Sarandón, con anexo: V-1981; XG-160, por substitución da concesión: V-1981; XG-160, entre Ponte de Sarandón e Santiago de Compostela.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 8 de xullo de 1998, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á Empresa Seoane, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Santiago de Compostela e Ponte de Sarandón, con anexo: V-1981; XG-160, por substitución da concesión: V-1981; XG-160, entre Ponte de Sarandón e Santiago de Compostela, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I.Itinerarios e puntos de parada.

* Santiago de Compostela, Cacheiras, km 6,5 C-541, Castros, Vilanova, Vilariño, Campos e Ponte de Sarandón.

* Campos, Vilar e Xermade.

II. Prohibicións de tráfico.

* De e entre o km 6,5 da estrada C-541 e Santiago de Compostela, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións.

Ponte Sarandón - Campos - Xermade - Campos - Santiago de Compostela (28,8 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Ponte de Sarandón - Santiago de Compostela (24 km).

* Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Campos - Santiago de Compostela (14,6 km).

* Catro expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Catro expedicións de ida e cinco de volta de luns a venres lectivos.

* Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,238 pesetas.

* Tarifa usuario: 9,885 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,386 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

8855