Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre O Barco de Valdeorras e Vilarmeao, con anexos: V-1738; XG-118, por substitución da concesión: V-1738; XG-118, XG-054, entre A Rúa e Viana do Bolo, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 28 de xullo de 1998, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Agrupación de Transporte de Viajeros, S.A. (Atvisa), a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre O Barco de Valdeorras e Vilarmeao, con anexos: V-1738; XG-118, por substitución da concesión: V-1738; XG-118, entre A Rúa e Viana do Bolo, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* O Barco de Valdeorras, A Rúa, Empalme de Petín, Freixido, Portomourisco, Outar de Pregos, Lentellais, As Ermidas, Cambela, Alto de Covelo, Empalme de Covelo, Mourisca, Empalme de Punxeiro, Viana do Bolo, Fradelo, Vilariño de Conso, San Cristovo, Grixoa e Vilarmeao.

* Outar de Pregos, Hortos, Celavente, O Bolo e Lentellais.

* Cambela, Tuxe, Buxán, Covelo e Empalme de Covelo.

* Alto de Covelo, Pradolongo, Castromao, A Veiga, Prados, San Lourenzo, Regueiro e Xares.

* Empalme de Punxeiro, San Martiño, Froxais, Penouta e Ramilo.

* Empalme de Petín e Petín.

* Viana do Bolo, Pinza, Solveira e Pixeiros.

* Empalme de Punxeiro, Punxeiro, Santa Mª de Froxais, San Agustín, Quintela de Oumoso, Vilardegoia, Oumoso, Taboaza de Oumoso, Dradelo, Castiñeira e Sever.

II. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Viana do Bolo e empalme coa estrada a Punxeiros, e viceversa.

* De e entre A Rúa e O Barco de Valdeorras, puntos intermedios e viceversa.

* Do tramo Freixido-A Rúa para o tramo A Rúa-O Barco de Valdeorras, e viceversa.

* De e entre empalme de Petín e Petín, puntos intermedios e viceversa.

* Do tramo empalme de Petín-Petín (incluídos ámbolos dous puntos) para o tramo Freixido-O Barco de Valdeorras (incluídos ambos), e viceversa.

* De e entre Vilarmeao e Vilariño de Conso, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións.

O Barco de Valdeorras - A Rúa - Petín - Viana do Bolo por Tuxe (49,6 km).

Do 15 de setembro ó 30 de xuño:

* Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres laborables.

O Barco de Valdeorras - A Rúa - Petín - O Bolo - Viana do Bolo por Tuxe (57,7 km).

Do 15 de setembro ó 30 de xuño:

* Dúas expedicións de ida e unha de volta de luns a venres laborables.

Do 1 de xullo ó 14 de setembro:

* Dúas expedicións de ida e unha de volta de luns a venres laborables.

O Barco de Valdeorras - A Rúa - A Veiga por Alto de Covelo (50,4 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Viana do Bolo - Covelo (9,7 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Covelo - A Veiga - Xares (27,2 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

A Veiga - Covelo - Tuxe - Petín - A Rúa - O Barco de Valdeorras (55,1 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

A Veiga - Covelo (15,2 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Viana do Bolo - Sever (26 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Viana do Bolo - Punxeiro (11,4 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Vilarmeao - Vilariño de Conso - Viana do Bolo (21,6 km).

* Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres.

Ramilo - Viana do Bolo (14 km).

* Unha expedición de ida e volta os martes e xoves.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,4691 pesetas.

* Tarifa usuario: 9,0619 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,2703 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

8854