Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.038

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía financeira e contabilidade, do departamento de Economía Financeira e Contabilidade, a José María Docampo Barrueco (praza 76/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía financeira e contabilidade, do departamento de Economía Financeira e Contabilidade, a prol de José María Docampo Barrueco, con documento nacional de identidade número 36.029.216, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José María Docampo Barrueco profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía financeira e contabilidade, do departamento de Economía Financeira e Contabilidade.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de setembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

8853