Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.037

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade convocada por Resolución do 5 de decembro de 1997.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19) que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución on Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 22 de setembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 108/97.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: física da terra, astronomía e astrofísica.

Comisión titular:

Presidente: Eduardo Battaner López, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vocal secretaria: Minia Manteiga Outeiro, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Agustín Udías Vallina, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Concepción Rodríguez Puebla, profesora titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Florencio Carlos Lazaro Hernando, profesor titular de universidade. Universidade da Laguna.

Comisión suplente:

Presidente: Blas Sanahuja Parera, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Vocal secretario: Gabriel Rosón Porto, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Miguel Jesús Sevilla de Lerma, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Jaime Zamorano Calvo, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

M. Julia Tellez Pablo, profesora titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

8816