Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.037

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade convocada por Resolución do 5 de novembro de 1997.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 5 de novembro de 1997 (BOE do 6 de decembro) que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución on Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 22 de setembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 91/97.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: bioquímica e bioloxía molecular.

Comisión titular:

Presidente: José Luis Iborra Pastor, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Vocal secretario: Enrique Querol Murillo, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocais:

José María Vega Piqueres, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Marcial Llanillo Ortega, profesor titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Juan Carlos Díaz Chico, profesor titular de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Comisión suplente:

Presidente: F. Javier Avilés Puigvert, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocal secretario: Arturo Manjón Rubio, profesor titular de universidade. Universidade de Murcia.

Vocais:

Jorge Tamarit Rodríguez de Huici, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

María del Pilar Peña Cortines, profesora titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Roberto Moreno García, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

8815