Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 14 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15C-004/1998, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución

do expediente nº 15C-004/1998 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (Praza de Europa nº 10 A-2º, Edif. Área Central-As Fontiñas, 15703 - Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir desta notificación. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) - Santiago de Compostela.

Expediente: 15C-004/1998.

Inculpada: Celia Martínez Rapela (Lice Moda).

Domicilio: Ramón y Cajal nº 88.

Sanción e motivos (50.000 ptas.): non figurar de forma visible o prezo anterior e o prezo rebaixado, en época de rebaixas.

Data da resolución: 6-7-1998.

A Coruña, 14 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo

8649