De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-1252/1997 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións coide convenientes, e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-1252/1997.
Inculpado: Chip-World, S.L.-Ordenadores.
Domicilio: Ronda de Outeiro, 116-118 B, A Coruña.
Motivos: incumprimento da garantía.
Data da iniciación: 1-7-1998.
A Coruña, 14 de setembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial do Instituto Galego
de Consumo
8650