Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público que se cita.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades conferidas pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Admi

nistración hidráulica de Galicia, acordou darlle publicidade á adxudicación do concurso público seguinte:

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo Augas de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de vehículos.

c) Lotes:

Lote 1: subministración de tres vehículos turismo a gasóleo.

Lote 2: subministración de catro vehículos todo-terreo a gasóleo.

d) Diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG número 28, do 6 de xullo de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 15.000.000 de pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 11 de setembro de 1998.

b) Contratistas:

Lote 1: Brea Motor, S.A.

Lote 2: Talleres J & M Fernández, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

Lote 1: 4.746.000 pesetas.

Lote 2: 9.070.476 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

8648