Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución, convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto no Decreto 244/1998, do 24 de xullo, da Consellería de Medio Ambiente e na orde da Consellería de Medio Ambiente do 8 de setembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 16 de setembro).

Os ditos lotes estarán suxeitos no referente ó seu pagamento, a liquidación final de acordo cos productos extraídos e o prezo da tonelada fixado na poxa.

A súa celebración terá lugar no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito na rúa Benito Corbal nº 47 de Pontevedra.

Para esta poxa rexerán a orde antes citada e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra, sito na rúa Benito Corbal, 47 desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.

As ofertas poderanse presentar -durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contados a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre A coa documentación administrativa e o sobre B, coa oferta económica.

O sobre A, que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que se celebran ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2. Os xustificantes acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

3. Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, consonte os artigos 15 a 20 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

5. Os que acrediten encontrarse ó día do cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

No caso de que o licitador estea dado de alta no rexistro xeral de contratistas da comunidade autónoma deberá indicar na parte exterior do sobre o seu número, e incluír copia da inscrición da empresa no dito rexistro e os xustificantes acreditativos das fianzas provisionais.

O sobre B recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% máis un 6% de garantía complementaria, do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe provisional do remate.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio.

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares de aproveitamento.

Rematando o aproveitamento, efectuarase a súa liquidación definitiva e, de ser positiva a liquidación, o adxudicatario terá que facer efectivo o pagamento da diferencia entre o importe final resultante e o importe da adxudicación no prazo dos 15 días seguintes á dita liquidación final.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, un 4,5% sobre o importe final resultante en concepto de IVE.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

SERVICIO DE MONTES E INDUSTRIAS FORESTAIS DE PONTEVEDRA

Relación de expedientes para poxa:

Expte.MonteCidadeConcelloNº Conv.Mot.Sit.Esp.TmPtas./TmTaxasFianza P.

48057Monte de ArribaRamil, Basadroa e A.Agolada3615585I-C.F.En péP.pr.25080014.0954.000
48058AlénBarciademeraCovelo3615593V-R.En péP.pr.4201.60021.10113.440
48059Montes de FornelosFornelosFornelos de Montes3615653I-C.F.En péE.g.4401.50021.41813.200
48060FiedalAntasLama, A3615665V-R.En péP.pr.1.1252.00047.30745.000
48061SanomedioCamosNigrán3615022V-R.En péP.pr.3551.00017.3987.100
48062SanomedioChandebritoNigrán3615012V-R.En péP.pr.3011.00015.8926.020
48063San MamedePriegueNigrán3615023V-R.En péP.pr.8771.00031.95417.540
48064Arceiro e outrosBurgueiraOia3615546V-R.En péP.pr.1.0003.80056.38476.000
48065Arceiro, Castelo e MagdalenaBurgueiraOia3615546V-R.En péP.pr.1.4181.20049.16734.032
48066Valga e LousadoLourezaOia3615597V-R.En péP.pr.1.0003.80056.38476.000
48067Beleitar e PortelaBoraPontevedra2336V-R.En péP.pr.1201.0009.2112.400
48068Galelo e PedradaBarrantesTomiño3615629V-R.En péP.pr.8221.20031.65319.728
48069CasaldeirigoSetecorosValga3615607V-R.En péP.pr.8002.80040.60744.800

8708