Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en concordancia co artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, e o artigo 70.2º da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, fáise público que o Pleno deste Concello, en sesión ordinaria do 27 de agosto de 1998 e por unanimidade dos seus membros presentes, que en todo caso representan a maioría absoluta do número legal dos membros da corporación, prestou aprobación definitiva á modificación puntual nº 2 das normas subsidiarias de planeamento para o municipio de Meaño no núcleo urbano de Dena.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse no prazo de dous meses, seguintes á última publicación no BOP ou no DOG, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A interposición deste recurso deberá comunicarse previamente ó órgano que dictou o acto, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo da interposición daqueles outros que coiden convenientes. O texto íntegro da devandita modificación publícase no BOP.

Meaño, 9 de setembro de 1998.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde

8423