Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno o día 26 de xuño de 1998 acordou, logo da declaración de deserto do concurso convocado anteriormente, a apertura de nova licitación

para a concesión da obra pública seguinte: concesión da obra pública de construcción dun aparcamento subterráneo e subseguinte explotación, logo de execución, na rotonda Irmáns Pedrosa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión da obra pública de construcción dun aparcamento subterráneo e subseguinte explotación, logo de execución, na rotonda Irmáns Pedrosa.

c) Lugar de execución: na rotonda Irmáns Pedrosa desta cidade.

d) Prazo de execución (meses): 9 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: os licitadores presentarán dentro dos proxectos básicos, orzamentos das obras que se van executar, debidamente desagregados, incluíndo neles os gastos de honorarios e impostos.

5. Garantías.

Provisional: 8.500.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Domicilio: r/ Quiroga Ballesteros, s/n, 2ª planta.

c) Localidade e CP: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 29 71 43 e 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os que se sinalan no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentaión que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación.

* Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

* Domicilio: praza Maior, 1.

* Localidade e CP: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o tercerio día hábil, excepto sábado, posterior ó prazo de finalización de proposicións. No caso de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo, a apertura celebraríase o día seguinte ó da recepción das ofertas e como máximo ó undécimo día posterior ó da finalización do prazo de presentación das ofertas.

10. Outras informacións.

As que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 25 de agosto de 1998.

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

8488