Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores de incendios forestais IF 69/98, 90/98 e 110/98, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de

novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE do 13 de febreiro), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a Javier Ruíz de Almirón Schlung, funcionario desta delegación, que poderá ser recusado en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, edificio administrativo da Xunta de Galicia, Ronda da Muralla, nº 70.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

Expediente: IF 69/98.

DNI: 34.721.298.

Denunciada: Gerónima Rodríguez Isla.

Último enderezo coñecido: Dr. Martí Juliá, nº 140. L'Hospitalet (Barcelona).

Feitos imputados: abandonar un vehículo rodeado de mato, marca Seat-124, matrícula B-0634-AY, existe risco de que, de producirse un incendio, se estendería rapidamente polos piñeirais que rodean o lugar, especialmente con altas temperaturas.

Precepto sancionador: artigo 136 j) e 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

Expediente: IF 90/98.

Denunciado: José Alberto González Suárez.

DNI: 33.325.293.

Último enderezo coñecido: r/ Miguel de Cervantes, nº 44-1ºC. Lugo.

Feitos imputados: efectuar unha queima de mato e silvas de grandes proporcións, con tres focos iniciais e tendo un deles uns 25 m de longo por 6 de largo, sen contar con material nin persoal sufi

ciente para o seu debido control, coa agravante de ser un día de forte vento.

Precepto sancionador: artigo 138 c) do Regulamento de incendios.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 20.000 ptas.

Expediente: IF 110/98

Denunciado: Manuel Deza Fernández.

DNI: 76.551.647.

Último enderezo coñecido: r/ Aprestadora, 10-1-1º. L'Hospitalet.

Feitos imputados: abandonar un vehículo no monte, marca Renault 8, matrícula B-2281-L; estando prohibido depositar lixo, restos industriais ou de calquera clase, en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136 j) e 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 12.00 ptas.

Lugo, 1 de setembro de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincia de Lugo

8638