Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1998 pola que se declara deserto o concurso público aberto e urxente para a contratación da execución da obra de departamentos para usuarios no porto de Sada. Clave: CO-12-1398-01.

Por Resolución do 28 de maio de 1998, publicada no DOG número 107 do día 5 de xuño de 1998, na que se convocaba o concurso público aberto e urxente para a contratación da obra de referencia, o presidente do ente público Portos de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6.3 g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Portos de Galicia, e de acordo coa proposta de adxudicación formulada de acordo co disposto na cláusula 2.2.6.1.b) do prego de cláusulas administrativas particulares do concurso, pola mesa de contratación, reunida para tal efecto o día 23 de xuño de 1998,

RESOLVE:

Declarar deserto o concurso público aberto e urxente, convocado por Resolución do 28 de maio de 1998, para a contratación da execución da obra de departamentos para usuarios no porto de Sada.

O que en cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que a presente resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Ad

ministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

8979